janeiro 5, 2004

#19

Hoje tinha pinta de ser o típico día de merda. Quedei durmido, corteime ó afeitarme intentando ganhar tempo, tropecei coas escaleiras... Case atropelo un absurdo can conjelado no medio da estrada...

Pero nada mais chegar ó traballo a minha compañeira P., a que case non conhezo realmente, e que chegou hoje das súas vacacións, deume dos bicos mentras nos felicitábamos mutuamente polo aninovo. É uma tontería pero non o esperaba (as outras companheiras nunca me dan bicos), e ja consegui animarme un chisco.

A felicidade son cousas tontas como esta, concentrarse nos pequenhos detalhes e esquezer o resto do mundo por un intre.

{por Felipe} C (3)

dezembro 30, 2003

E o cine?

Tódolos días paso por diante dun cine deses con multisalas, e nas fiestras nas que ensinan as mostras fotográficas das películas está tamén "El Cid", uma producción de animación de Filmax que (en parte) realizouse en estudios da Corunha. Pois bem, nesa fiestra hai un cartelinho ben curioso: VERSIÓN EN GALEGO. Olho, non se vai confundir ningún neno e entre a ver uma película en tan extranho idioma. As outras cinco películas (todas extranjeiras) están dobladas a un castelán de laboratorio (neutro e sen acentos). Se por un casual estivesen en V.O. tamén o destacarían e venderíanche a entrada cun "ten coidado, que non che está en castelán, falan en inglés esta gente do diaño..." Baaa, parvos!!

Seguro que na Francia as películas sobre Joana de Arco levan un cartelinho: OLLO, VERSIÓN EN FRANCÉS!!

{por Felipe} C (0)

dezembro 29, 2003

As fotos minten

Mirando as túas fotos
parecías tan feliz
os teus filhos pensarán que sempre foi así
que a vida arrastrábanos polas mesmas rúas dos demáis
que nunca fijemos nada malo
que non estabamos tolos por vivir
polas estradas sen fin

e sem embargo...


O engano perfecto

{por Felipe} C (0)

2:09 AM

tic tac
insomnio
estaba listo
sen nada por facer
agardando
agardando
agardando

tic tac

canso pero non

cerca minha
alguén vivía
dalguma maneira estranha pero sen dúbidas
e dábame envexa

tic tac
guindei o despertador polo cuarto
saíu pola fiestra
pasou por encima das vinhas
sobrepasou as casas
(dos vecinhos que non conozco)
atravesou o país enteiro
o mar
caeu no deserto

tic tac
é o mesmo

porque volveu
non sei como
pero sempre volve
tic tac

{por Felipe} C (1)

dezembro 28, 2003

#15

onte fun ó espacio
facía frío
tamén dentro da traje, a calor funde os circuitos

roubei uma estrela para ti
pero ja tinha nome

non importa

{por Felipe} C (0)

dezembro 25, 2003

#14

Ja pasou o nadal?

Manha tenho que madrugar uma vez máis: as 8 en pé e listo para ir ó trabalho do demo. Onte estivo ben: non trabalhaba ninguén agás pailáns coma nós, así que estivemos toda a manha colocando adornos do nadal pola ofi, falando e perdendo o tempo de vagar. Ó final collemos umas cervejas no bar do lado (invitáronos a tapas: despois de pagar 4 cafes tódolos dias do ano ja era hora), pero a verdade é que o final ja estábamos aburridos de non facer nada. E manha (venres) vai ser o mesmo máis ou menos... Dennos trabalho por favor!!.

A cea da noite (e a comida de hoje) foron típicas: langostinos e cigalas (curioso: marisco conjelado que non se ¿pesca? na Galiza), capón, cordeiro, empanada, bacallao con coliflor, turróns, mazapáns e ja non sei que máis. Albarinho, Rioja, coca-cola (a mín non me gusta o vinho e tampouco vou a empezar a cervejas coa familia diante: cousas da minha educación) e vinho espumoso catalán. Home, estivo ben pero na caso somos tan poucos e conhecemonos tanto que estas festas perden o encanto. O melhor sería ter familia numerosa e espalhada polo mundo adiante para reunirse uma vez o ano e falar contos novos... Pero non.

E iso sería todo. Non se perdan os divertidos artigos do Mises Institute sobre o Nadal, onde destaca este sobre Mr. Scrooge. ¿qué ten de malo o tal Scrooge, eh?

{por Felipe} C (0)

dezembro 24, 2003

Bo Nadal!!

{por Felipe} C (0)

dezembro 22, 2003

Sen vacacións

Encántame traballar nestas datas: chego cedo ó curro porque non hai tráfico ningún, non tenho que aguantar leiras sobre o nadal, os teléfonos da oficinha están tranquilos por uma vez, pola mañá as rúas están coma un domingo e pódese caminhar tranquilamente, todo é máis sinjelo... Uma pena que me dean libres o 25 e o 1...

{por Felipe} C (0)

dezembro 20, 2003

A pesca da UE

Polo que din, os acordos pesqueiros da UE non foron tan mal, especialmente para os caladeiros do Gran Sol, pero para min todas estas negociacións son nojentas per se. As capturas pesqueiras deberían estar reguladas únicamente polo mercado, é dicir, polo libre acordo entre productores e consumidores, oferta e demanda, isas cousas...

Non entendo quen lle deu a propiedade do mar e o peije á UE, como é posíble que a burrocracia europea legisle sobre un mar que non lle pertence máis que pola coacción estatal. É coma se eu tenho uma editorial e a UE dime que non podo publicar máis que dez libros de poesía, 20 de narrativa e 15 de ensaio por ano, todo en nome de pantasmas e prevencións sobre o futuro e a saude da industria.

Canto poden pescar os barcos escravos da UE? O que decida Fischler, un comisario nado nun país no que non hai nen um kilómetro de costa... Culpa dos pescadores, que non tenhen nin idea do que é bo para o seu negocio.

{por Felipe} C (0)

dezembro 11, 2003

Noite de Champions

O Depor sufríu arreo, pero ó final conseguíu clasificarse a pesar da derrota na Holanda. En realidade, a clasificación facíase por golaveraje (co PSV ganhando empaban a 10 puntos) polo que case era uma eliminatoria a ida e volta. 3-2 ó final. Os grupos de onte foron uma tolemia, con equipos marcando e clasificándose no último minuto e partidos onde o empate non valía e os dous equipos tinhan que atacar ou morrer. Os octavos deste ano serán a ida-volta, polo que serán máis abraiantes e emocionantes que nunca. Os equipos clasificados (coa miña valoración persoal) son:

Inglaterra:
Chelsea (1º de grupo; pouca cousa, moi defensivo (con Ranieri) e boa chegada arriba con Hasselbaink, Crespo e Mutu, pero o medio campo é pésimo).
Arsenal (1º de grupo, esta tempada é moi irregular e ten lagoas. Berkamp ja non é o que era; marcando a Henry e coidando a contra, pódese superar ó Arsenal no continente e aguantar na ilha)
Manchester (1º de grupo, acusou a marcha de Beckham pero é un equipazo. Doulhe as semifinais polo menos.)

Italia
Milan (1º de grupo; con tres goles ganhou tres partidos. Moi mal tenhen que facer as cousas para non pasar a rolda).
Juventus (1º de grupo; uma locomotora, imparable cando quere, para min é a melhor Juve dos ultimos 5 anos e vejoa repetindo final. Non é lider no scudetto por un par de accidentes pero é un equipo demoledor).

Galiza:
Celta (2º de grupo, non acaba de despertar e é o peor celta do último lustro. Moi difícil que pase pero...)
Deportivo (2º de grupo, moi Irureta; defensivo, presionante, non perdoa, ten chegada e experiencia. Moitas posibilidades)

Francia:
Lyon (1º de grupo, moi moi perigoso. Un desconhecido para ó publico pero con uma contra letal. Fóra de casa pode facer moito dano).
Mónaco (1º de grupo; cuspidiño ó seu entrenador Deschamps; traballador e peleón sen demasiado talento, pero non joga nada mal).

Alemanha:
Bayern (2º de grupo; este ano non ten nada agás Makay. Ballack está perdido e non fai nada. Tenhen un mes de vacacións polo inverno alemán, veremos coma volven pero agora non asustan nadinha)
Stuttgart (2º de grupo; todo o mundo fala moi ben deste equipo. Non os conhezo nada ben...)

Portugal:
Porto (2º de grupo, deijou boas sensacións nesta fase pero cando tivo enfrente ó Madrid jogándose algo volveu perder. Pode ser a sorpresa)

Espanha:
Real Madrid (1º de grupo, ja está en semifinais, nesta competición non perdoa...)

Chequia.
Slavia de Praga (2º de grupo; clasificado no último minuto (no 93 contra o Inter) é un equipo sen moitas expectativas. Ja chegou lonje abondo)

Euskadi
Real Sociedad (2º de grupo; depende de tres jogadores; Xavi Alonso, Nihat e Kovacevic. Os demáis estorban. Depende do estado de forma destes tres para ver se tenhen opcións. Fase de clasificación pobre)

Rusia
Lokomotiv (2º de grupo: ¿que fai o Lokomotiv nos octavos? Nin sequera tenhen dianteiros decentes. Uma maria)

{por Felipe} C (0)

dezembro 1, 2003

blog.com

Según parece, os donos de portugalmail.com compraron o dominio blog.com que levaba moito tempo á venda. Non temos cifras sobre canto custou o traspaso, pero abofé que non lhes saíu barato.

Coming soon, un novo servicio de weblogs para o mundo mundial. A ver como lhes sae a jogada...

{por Felipe} C (1)

novembro 27, 2003

Volve Copérnico

(vía cafeina.org)

Bruce Sterling escribe no Wired sobre a sonda Wilkinson Microwave Anisotropy (Sonda de Anisotropía
de Microondas Wilkinson), que dende o seu lanzamento no Junho do 2001 percorreu a abraiante cifra de 1,6 millóns de kilometros. Para Sterling,a WMA precisou a idade do universo en 13.700 millóns de anos (marge de confianza do 99% (!!)), e ,o que realmente importa, destrozóu todalas teorías físicas sobre o universo. Só o 4% do universo está composto de átomos, sendo o resto materia oscura (23%) e energía oscura (73%). O universo non ten máis que 4 dimensións (nada de infinitas tartarugas dimensionais uma encima de outra), non ten forma de balón de futebol nin esférica nin nada (é plano coma uma folha de papel) e atópase en permanente e infinita expansión movido por isa energía ¿invisíbel?. Tres cartas partes do universo dedicanse á "ampliación" do resto nun ejercicio infinito. Fin non existe, só é uma verba vacía. O big-bang é agora. E nós con el, pero importa realmente? Morreremos tan mozos...

En cafeína pregúntanse porque a nova non saltou ós medias. Quizáis é uma cuestión de verosimilitude (os datos da WMA son datos, pero toda opinión é discutíbel) ou simple desconhecemento, qué saben os medios tradicionas sobre Sterling? Non creo que oísen falar del na súa vida, por iso os periodicos de papel están mortos. A revoluçao é (será) ciberpunk. Ou non.

{por Felipe} C (0)

novembro 26, 2003

A Xunta contra o software libre

O meu pai, funcionario, está tentando facer o concurso de traslados por Internet. Estoulle ajudando un pouco co tema, ja fixo un curso de iniciación (pouca cousa: configurar o Outlook (puaj!!), navegazón, IRC, FTP, news...) pero ós seus 50 anos costalle moito. Aínda non conseguín explicarlhe que podese acceder á mesma conta de correo desde calqueira ordenador do mundo , e que non hai diferenza entre as mensajes en modo web ou con un gestor de correo. Non lle entra na cabeza...

O caso é que a Xunta de Galiza fijo mal o seu traballo, en vez de configurar un portal amigabel, intuitivo, sinxelo, accesible,... fixo uma tolemia coma esta, na que, entre outras cousas, o "usuario medio" ten dificultades para atopar o que anda a procurar. Logo atópaste que recheas o formulario on-line e non podes mandalo directamente... tes que imprimilo na túa casa e entrégalo en man e asinado coma toda a vida. Gran melhora. E nós non o conseguimos, tivemos que ler uma mensaxe tan agradábel coma ista:

AVISO: Detectadas incompatibilidades entre versións novas de Acrobat Reader (utilidade para visiona-las instancias) e as versións antigas de Microsoft Internet Explorer. De ser este o seu caso, debe actualiza-la versión do navegador de Internet Explorer na páxina web www.windowsupdate.com.

A Xunta obriga ós seus funcionarios a ajudar a dúas compañías privadas (con algún productos gratuítos, pero ó cabo é software propietario) carregando as versións máis novas de tales productos... O meu pai jamás sería capaz de facer tal cousa, non entende porque o seu navegador (IE.5) e o escaso software que ten instalado non vale para imprimer a instancia do demo. E eu tampouco, a verdade... ¿Cando entenderán as Administracións os beneficios do software libre, e meterán nos seus cursillos o Open Office, o Mozilla, o Linux?

{por Felipe} C (0)

novembro 25, 2003

Loita contra a máquina

Coma estiben desconectado non seguín as partidas entre Kasparov e o X3D Fritz. E tinha ganas, una das poucas cousas boas do Flash son argalladas coma estas que permiten seguir as partidas ó vivo. Ó final empate a 2, dúas táboas e uma victoria para cada um (ninguém ganhou coas pretas).

As maquinas tenhen una profundidade singular; os 15 primeiros movementos jogan de libro e por iso Fritz pode tardar só 80 segundos en facer estes movementos (mentres que o "factor humano" pode tardar 40 minutos ou mais) e, no medio da partida, son capaces de ver tódalas posibilidades das digamos 10 jogadas seguintes. Iso é uma potencia brutal pero a veces trabúcanse porque non ter uma idea fija "na cabeza"; tenhen moita capacidade de movementos, pero ás veces tes que perder en certas cousas para poder ganhar no conjunto. Coma na vida.

Por ahí é por onde atacan os ajedrecistas ós riváis de software, buscando a ausenza de personalidade real... Na terceira pártida Kasparov fijolle un truco ben argalleiro; dedicouse a defender posicións vacías, defendeu a Nada. E Fritz caeu, foi cometendo imprecisión tras imprecisión e perdeu de paliza. Uma partida para a historia. E é que o dos ordenadores é mais forza bruta que inteligencia realmente. Aínda que seguindo a Lei de Moore, chegará un punto moi cercano no que a Máquina será simplemente invencíbel. Melloraron moítisimo nos últimos cinco anos, pero eu son escéptico ó respecto, ja veremos no futuro.

Persoalmente son un jogador moi malo de ajedrez; utilizo un programa do 1986 (irónicamente chamado Chessmaster 2000) e o maldito ganha sempre. E é de 1986. Non quero nen pensar nas palizas que me darían eses supercomputadores de agora... Aínda así non desespero, pero o taboleiro en 2D na pantalla dame moitos problemas de concentrazón. Éme difícil estar jogando 4 horas sen verlle á cara ó meu rival; eu cánsome e a minha computadora non. Tenho unha serie de autoconselhos para estas partidas, aínda que case nunca os sigo:

  • O programa ten uma boa base de datos das aperturas. Tenho que buscar aperturas estranhas ou pouco comúns. O ordenador ten 2 horas para 40 movementos, se fai os 15 primeiros en menos de dous minutos ja estou morto.
  • Non repetir posizóns; porque o ordenador ja ten a mellor jogada posíbel analizada dende o intre anterior e volverá a facela.
  • Non intercambiar pezas ó chou. Cos humános fágoo constántemente "para despejar a rúa" pero salvo escepzóns moi justificadas non é recomendábel cos ordenadores. Cantas menos pezas temos no taboleiro, menos ten que ¿pensar? o meu rival electrónico e iso non é bom. Nada bom.
  • Tentar non chegar ós finais da partida con poucas pezas, polo mesmo...

{por Felipe} C (0)

Dummy

É estranho, a cidade é cruel ás veces.
Un automóbel atropeloume.
Toyota, uma marca ben rara, prefiría un BMW

Merda.
Gustoume.

Ninguén resultou ferido (probe Ninguén; eu ben, obrigado...) O tío disculpouse por non ver o paso de zebra (¿dise así?) e nada, invitoume á uma caña e punto. Pero o susto foi mais divertido que a montanha rusa...

{por Felipe} C (0)

outubro 21, 2003

¿onde está Portugal?

Aquí na Galiza, Portugal case non existe; a presenza dos mass media portugueses é meramente anecdótica, únicamente no sul (na raia) pódense sintonizar radios portuguesas... A RTP vese a traves de canles vía satélite, pero o acceso a estes non é moi doado, e igual pódese facer dende Madrid que dende Cruña. Non entendo porque a RTP e as outras canles portuguesas nunca intentaron conseguer licencia para poder emitir enrriba do Miño. O afastamento actual dos códigos entre as dúas ¿linguas? é máis que evidente, pero débese mais a criterios políticos e administrativos que á realidade.

Galiza é un país lusófono pero o noso Estado nega a evidencia... Para a maioria dos galegos resulta difícil (de primeiras) entenderse cun portugués na oralidade, pero tan só se precisa de motivaçom e experiencia para facerse entender e comprender os modismos formáis do portugués. O espanhol de Andaluzia ou Arxentina tamén soan moi diferentes pero a interacçcom entre as comunidades hispanas nunca supuso ningún problema. ¿Por que non pasa o mesmo coas naçoms lusófonas? O problema é que nas nosas escolas non temos ningún achegamento co portugués, tan só aprendemos un galego "espanholizado" ortográfica e gramaticamente, mentras que a cultura portuguesa é desprezada e ignorada. Non coñecemos nen música, nen escritores, nen filmes nen nada. O único portugués realmente coñecido em Galiza é Figo... Na Galiza (e na Espanha) Portugal é un país fantasma, está perto pero moi lonxe...

{por Felipe} C (3)

outubro 20, 2003

Wooster

wooster collective é un sitio adicado ós "graffitis". A maioria das pintadas que vin na miña vida non son gran cousa pero neste sitio temos traballos moi bons e imaginativos...

O arte debe chegar ás rúas; os museos de arte moderno non tenhen moito sentido realmente.

{por Felipe} C (1)

Ying-Yang

Lamento e alédome de que weblog.com.pt non teña alojamento gratuíto de imagens.

{por Felipe} C (0)

outubro 14, 2003

Chovendo pedras

Ola mundo! Ista é a mensaje de proba.

{por Felipe} C (0)


.